jueves, 26 de marzo de 2020

MÚSICA PRIMEIRO

Bos días a todos!!!
   Espero que estedes todos ben. A pesar de estar na casa sin salir estes días, chegou a PRIMAVERA igualmente e o temos que celebrar. Para iso envíovos un conto musicado sobre unha audición para que a escoitedes. Titúlase "La Primavera" e a compuxo fai moooitos anos un home chamado Vivaldi.
   Envíovos un debuxo deste compositor para que o pintedes. Se non o podedes imprimir podedelo debuxar vos mesmos que sodes uns excelentes debuxantes. Tamén, si vos apetece, podedes facer un debuxo tras escoitar a canción. Si alguén lle apetece mandarme os seus debuxos ou comentarme calquer cousa podedelo facer no meu mail emmaselamusica@gmail.com. Vaime facer moitíííííííísima ilusión ter noticias vosas.

Coidádevos moito. Moitos bicos 😘



Para acceder ao debuxo pincha AQUÍ.


No hay comentarios:

Publicar un comentario