Festa dos Maios 2020 Ceip
Isaac Peral 23/04/2020
Dende o Equipo de
Normalización e Dinamización Lingüística queremos propoñervos un novo reto que
permita, ademais de afrontar esta situación da mellor forma posible, recuperar
un día tan divertido como é a celebración da festa dos Maios. A actividade consiste
en que elaboredes un maio mediante as técnicas e os materiais dos que
dispoñades, para o primeiro domingo de maio, día 3, colocalos nunha ventá ou
balcón das vosas vivendas, mantendo así unha tradición que celebramos no
colexio dende fai moitos anos e que tamén permite pasar tempo en familia
realizando actividades manuais.
Como xa sabedes, a
festa consiste en realizar diversas representacións arredor dunha árbore ou
escultura, chamada maio, a partires de elementos vexetais, flores e froitas.
Tradicionalmente, tamén se levaban polas rúas e se lle dedicaban bailes e
cantigas. Para adaptalo á situación actual, podedes realizalo mediante debuxos,
teas que teñades por casa, materiais de refugallo, pintando nas ventas…
Calquera idea é boa, botádelle imaxinación!
Unha vez finalizado
o voso maio, mandade unha foto ao correo de cada un dos vosos profesores. Tedes de plazo ata o domingo 3 de maio.
Animádevos a
participar neste reto e a compartilo cos vosos amigos. A finalidade é chegar ao
maior número de fogares, baixo o lema:
Ferrol, de
frores cuberto.
Nos seguintes enlaces atoparedes titoriais que
os poden inspirar na elaboración dos vosos maios:
Flores en papel:
Decorar
as fiestras:
Flores
en tea:
No hay comentarios:
Publicar un comentario