sábado, 2 de mayo de 2020

 OS MAIOS.


    AHÍ VEN O MAIO DE FLORES CUBERTO.          
            
 Ista é unha coñecida canción dun poeta e escritor galego. Saberías como lle chamaban?

Investígao: O seu nome é………………………………………………………………….

Ahí ven o maio
de flores cuberto…
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min extendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvo-lo pobre
do pobo galego:
pra min non hai maio.
¡pra min sempre é inverno!
Cando eu me atopare
de donos liberto
e o pan non mo quiten
trabucos e préstamos,
e como os do abade
florezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.
¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros…?
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos,
un maio sin segas
usuras nin preitos,
sin quintas nin portas,
nin foros nin cregos.



Ahí ven o maio de flores cuberto.



Quen poidera enamorala!

 Escoita varias veces esta canción. Intenta interiorizar  a melodía. Despois tes un karaoke para cantala.


(Karaoke).





Quen poidera namorarla


No niño do val do vento
Hai unha pomba dourada (x2)
Quen poidera namorala,
Quen poidera namorala,
Meu amigo.
Quen poidera namorala,
Quen poidera namorala,
Meu amigo.
Canta o luar e o mencer
En frauta de verde olivo,
Canta o luar e o mencer
En frauta de verde olivo.
Quen poidera namorala,
Quen poidera namorala,
Meu amigo. (x2)
Tens ars de frol recente
E cousas de recén casada,
Ten ars de frol recente
E cousas de recén casada.
Quen poidera namorala,
Quen…

Ista é una coñecida canción dun poeta  e escritor galego. Saberías como lle chamaban?

Investígao: O seu nome é………………………………………………………………….



ALGÚNS DOS VOSOS TRABALLOS.

Xa vos enviei o fermoso video de Martín. Agora envio algunhas fotos para que disfrutedes dos traballos dalgún dos vosos compañeiros/as.

Nota.

Algún archivo non o  puiden abrir. Si faltan fotos pido disculpas.
  









  FANTÁSTICO SEGURO QUE OS VOSOS COMPAÑEIROS/AS GÚSTANLLES OS VOSOS TRABALLOS. A MIN ENCANTÁRONME !


UN SAÚDO A TODOS E TODAS !

Mañá subirei o traballo de Lengua:  Mi cápsula del tiempo. Buscasea no blogger con este título.















 Engadiremos novos traballos según vaian Chegando.Unha aperta moi grande artistas!


MARABILLOSO TRABALLO DE NOA RIVERA  E DO SEU IRMÁN .¡GRACIAS AOS DOUS!





   OLA NENOS E NENAS MIRADE O MAIO QUE ME MANDOU O VOSO COMPAÑEIRO HUGO FERNÁNDEZ. SEGURO QUE VOS GUSTARÁ VELO.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario