Ola a todos. Esta vez non hai actividades que facer.
Xa chegou ao seu fin este curso tan especial que nos tocou este ano. Hai que decir que sodes moi valentes e traballadores. Estaba segura de que o faríades moi, moi ben, e así foi.
Teño que desexarvos un merecidísimo descanso no verán a través do blog, xa que aínda non nos podemos ver en clase, pero poñémoslle un pouco de imaxinación e nos damos unha gran aperta de equipo.
Moitas grazas pola vosa implicación e traballo, a vós e, por suposto, ás vosas familias. Fixemos entre todos un gran equipo.
Déixovos un pequeniño agasallo virtual, como non podía ser de outro xeito nesta situación. É un marcapáxinas que podedes colorear como queirades. Se o facedes e logrades que resista ata setembro prometo plastificalo. A miña plastificadora non traballou moito neste confinamento e ten moitas ganas de volver a funcionar.
Espero que vos guste.
Moitos bicos e...ata Setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario